Nace a I Edición de AGAPI IMPULSA COPROS da man da Asociación Galega de Produtoras Independentes

Nace a I Edición de AGAPI IMPULSA COPROS da man da Asociación Galega de Produtoras Independentes

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta a I Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.


AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que presenten un proxecto orixinal de longametraxe ou serie para cine ou televisión, en galego ou en castelán.

A convocatoria para presentar proxectos estará aberta ata o 20 de xullo ás 13:59 horas.

Un comité de tres produtoras executivas seleccionará un total de 5 proxectos para que durante os meses de setembro, outubro e novembro formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.

En paralelo, organizaránse tres webinars abertos ao público: ‘Ferramentas de xestión dixital para promover a eficiencia no traballo en rede’, en setembro; ‘Métricas de datos, interpretación e resultados’, en outubro; e ‘Audiencias interactivas e novos públicos’ en novembro.

AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Máis información

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies