‘Na Gloria’ unha serie de comedia para estrear AGalega

‘Na Gloria’ unha serie de comedia para estrear AGalega

A vida na Gloria, unha localidade ao pé do Camiño Francés, altérase cando Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida estabecéndose alí. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado aos peregrinos que busquen o equilibrio interior e o crecemento espiritual. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional.

A Gloria de Arriba sempre foi o lugar máxico dos veráns da súa infancia, o sitio no que a natureza e a vida pausada da xente enchían de sentido a existencia. Agora Pati quere recuperar esas sensacións e compartilas con todos os camiñantes que busquen descanso no seu idílico oasis de paz. Pero non vai tardar en descubrir que os cálidos días de verán non duran todo o ano, que o veganismo e, sobre todo, que a convivencia coas xentes sabias e pausadas do rural é máis estresante que a do competitivo mundo dos negocios ao que acaba de renunciar.

O inferno que atopará Pati en A Gloria ten caras e nomes: señoras que o queren saber todo, habituais da taberna que presumen de sabelo todo, un matrimonio interesado e argallador (Paca e Waldo), un vello revirado e supostamente inválido e, por riba de todos, Lolo, un brután que a fai tolear en todos os sentidos, para ben e para mal, para a súa desgraza e felicidade

‘Na Gloria’ é un proxecto orixinal de Xosé Antonio Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro. A serie, de humor costumista e surrealista, está formada por episodios de 15 minutos de duración e dirixida ó público familiar. É unha aposta para o público de entre 30 e 40 anos que consume ficción na OTT, aínda que conservando parte dos elementos e referencias que fixeron triunfar series cun público máis maior na televisión.

Andrés Mahía dirixe este proxecto realizado por Jairo Iglesias e gravado en escenarios naturais. ’Na Gloria’ está protagonizada por Cristina Castaño, Xosé A. Touriñán, Lucía Veiga, David Perdomo e Dani Rovira. É un formato pensado para o seu consumo á carta e súa estrea virá na canle OTT da Telvisión de Galicia; A Galega. ’Na Gloria’ é unha produción orixinal de Tex45 e Undodez para a Televisión de Galicia

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies