‘La Parra’, película dirixida por Alberto Gracia e producida por Filmika Galaika, foi seleccionada na Competición Tiger do Festival de Róterdam 2024.
A película de Gracia, a súa terceira longametraxe, recibe o seu nome da coñecida pensión ferrolá de La Parra. O cineasta ambientou esta historia de ficción na súa cidade natal, Ferrol, onde a comezos de 2022 rodou con Alfonso Míguez, Lorena Iglesias e Emilio Buale nos papeis protagonistas. ‘La Parra’ conta a historia dun home que se marcha de Ferrol aos vinte anos, e volve a ela con corenta.
A longametraxe galega encabeza unha nutrida representación española no certame holandés, que inclúe o pase de ‘Cerrar los ojos’ de Víctor Erice, e a estrea absoluta de ‘Historias de pastores, ‘Historias de pastores’ de Jaime Puertas, así como as estreas internacionais de ‘Mamántula’, de Ión de Eslamiada, ou ‘Moscas’, de Aritz Moreno.
‘La Parra’ é unha produción de Filmika Galaika e Tasio con distribución e vendas internacionais de Begin Again Films. A película está financiada polo ICAA, AGADIC e a TVG.