‘Lúa Vermella’ (‘Red Moon Tide’) de Lois Patiño, producida por Zeitun Films  celebrará a súa estrea mundial na Berlinale (sección Fórum)

‘Lúa Vermella’ (‘Red Moon Tide’) de Lois Patiño, producida por Zeitun Films celebrará a súa estrea mundial na Berlinale (sección Fórum)

A nova película de Lois Patiño, Lúa vermella, producida por Zeitun Films, celebrará a súa estrea mundial na 70.ª edición da Berlinale (Festival Internacional de Cinema de Berlín) dentro da sección Fórum, que coordina a comisaria Cristina Nord.

Fórum é unha categoría -acada este ano a súa 50.º edición- centrada na vangarda, nas obras máis radicais e independentes do panorama internacional .

Lúa vermella é a segunda longa na que Patiño e a produtora coruñesa Zeitun Films van da man. A súa rodaxe realizouse en Galicia e na produción colaborou a compañía monfortina Amanita Studio.

O filme -en palabras do produtor, Felipe Lage- viaxa a unha vila na costa na que o tempo parece detido. As persoas están ensimesmadas, mentres que a natureza e os animais móvense libremente. Malia todo, podemos escoitar á xente moverse e falar, coma se estivesen nunha dimensión paralela, nun limbo cheo de espectros. Tres mulleres chegan ao lugar na busca do Rubio, un experimentado mergullador, desaparecido hai días.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies