A película ‘O que arde’ acadou na noite do sábado dous novos recoñecementos que se suman á longa lista de premios que leva recollido a nova fita do director Óliver Laxe. O primeiro dos Goya foi para Benedicta Sánchez na categoría de Mellor actriz revelación e o segundo dos premios para Mauro Herce na categoría de Mellor Dirección de Fotografía.
O filme estaba nominado en catro categorías entre as que se incluían a Mellor Dirección e a Mellor Película.