A serie ‘Hierro’, coprodución entre Portocabo, Movistar+, Atlantique Productions e ARTE France acada dous Premios Feroz, nas categorías de Mellor Serie dramática e Mellor Actriz Protagonista dunha serie para Candela Peña.
A gala de entrega dos galardóns tivo lugar na noite de onte, xoves 16, en Madrid. Os premios Feroz son uns premios cinematográficos e televisivos españois, creados no ano 2013 pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España .