“La isla de las mentiras”, ópera prima da socia Paula Cons, foi a película máis vista na súa primeira fin de semana de estrea en Filmin. Apelícula, que chegou á plataforma o pasado 24 de xullo, está protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro e Ana Oca. O filme está inspirado en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (Pontevedra) en 1921.
Tamén se presentou con grande éxito de público no Festival Internacional de Cine de Shanghái (SIFF), un dos festivais máis importantes de Asia e o único festival de China de clase A. Segundo a organización do certame, o aforo estaba completo e a proxección da película foi todo un éxito.
“La isla de las mentiras” é unha coprodución entre a produtora galega socia do Clúster Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Goberno Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués e o Programa Ibermedia. Da súa distribución nacional e internacional ocúpase a socia Filmax.