Importante presenza de empresas asociadas a Agapi na XX edición do Festival de Cans: premios, charlas e moito máis

Importante presenza de empresas asociadas a Agapi na XX edición do Festival de Cans: premios, charlas e moito máis

O torreiro de Cans é xa un espazo emblemático para o cinema producido no país, e que unha proposta como esta alcance a súa XX edición con semellante estado de saúde é sempre motivo de ledicia. Fagamos un breve repaso do alí acontecido:

Entre os proxectos galardoados nesta XX edición do festival atopamos referencias como a curtametraxe ‘O neno sardiña’, producida por Cósmica Producións, que levou o Premio á Mellor Banda Sonora polo traballo de Mario G. Cortizo; a curtametraxe ‘Ulises’, producida por Gaitafilmes, coa que Paula Quiroga recibiu o Premio RC Service Madrid á Mellor Dirección de Fotografía; a curtametraxe ‘O Coidado’, producida por Serea Films, no que Tatán R. Cunha resultou galardoado co Premio AISGE á Mellor Interpretación Masculina ou ‘Mariví, na pel da memoria’, de Coral e Laura Piñeiro, que recibiron o Premio Furacáns á Mellor Curta de Non Ficción. Coral Piñeiro está a dirixir xunto con Fran Rodríguez Casal a longametraxe ‘Da túa man para a miña’, producida por Miramemira.

Nesta edición tamén puidemos contar coas proxeccións de ‘Sica’ (Carla Subirana, Miramemira), ‘Unicorn Wars’ (Alberto Vázquez, Abano Producións) e ‘Matria’ (Álvaro Gago, Matriuska Producciones), e con algunhas presentacións, como a que fixeron a equipa de Cósmica Producións na sección Fillas de Cans da súa próxima longametraxe, ‘As Neves’, da cal mostraron imaxes en primicia. Tamén houbo tempo para presentar algúns proxectos en fase de guión, da man de AGAG (Asociación Sindical Galega de Guionistas), como ‘Decorado’ (Alberto Vázquez, Abano Producións); ‘Islandia’ (Alfonso Zarauza, Maruxiña Film Company); ‘As Augas’ (Ledicia Sola, Maruxiña Film Company), ‘Aurora’ (Area Erina, Gaitafilmes) ou ‘Montaña ou Morte’ (Pela del Álamo, Zeitun Films).

Esta escolma abrangue ás asociadas a Agapi, pero sucederon moitas máis cousas no festival, que podedes consultar premendo aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies