Undodez, unha produtora sen límites

Undodez, unha produtora sen límites

A última incorporación a Agapi é Undodez, produtora audiovisual que traballa desde fai
máis dunha década da man da súa irmá Ainé, a produtora artística e de espectáculos
desde a que Xosé A. Touriñán desenvolve a súa carreira como actor e produtor teatral.
Desde Undodez producen unha gran variedade de proxectos, tanto propios como en
colaboración con outras produtoras, traballando principalmente en tres ámbitos:
publicidade, ficción e sector cultural.


Desde Agapi falamos con Álvaro Pérez Becerra, un dos integrantes do equipo de
Undodez, xunto a Javier López, director de produción e Saúl Rivas, desenvolvemento de
contidos, para saber en que proxectos traballan na actualidade. O primeiro deles e que
está a piques de estrearse é o curtametraxe ‘Meniña’, o debut como director de Xosé A.
Touriñán, quen comparte pantalla coa súa propia filla Antía. Un proxecto que busca poñer
en cuestión a perpetuación dos roles de xénero na sociedade rural a través do humor e o
drama.


O ano pasado estrearon ‘Xeosónica’, un documental transmedia financiado polo Ministerio
de Cultura formado por varias pezas, unha delas ‘MMRRSSMM… (As Músicas dos Ruídos
do Son do Mar)’, unha curtametraxe que foi recentemente seleccionado en varios festivais
internacionais: Feel the Reel (Escocia), Liff (Suecia), Festival Internacional de Cinema
Ambiental de Garopaba (Brasil), DOCUMED (Tunes) e Kalamata Short Docs (Grecia).
‘Xeosónica’ é unha exploración dos ruídos do mar cunha mirada artística e un enfoque
experimental.


Na ficción están a piques de estrear ‘Amigos ata a morte’, longametraxe no que debuta
como director Javier Veiga, quen protagoniza tamén esta película xunto a Marta Hazas e
Mauricio Ochmann. Unha coprodución de Undodez con Medio Limón, que se estreará en
salas o 15 de setembro e poderá verse a partir do 12 de xullo en Amazon Prime Latam e
EEUU.


Ademais acaban de abrir unha nova liña de produción de animación infantil pensada para
as canles dixitais da TVG. Baixo o nome de ‘Bechos’, a serie está formada por 10
capítulos curtos de 5 minutos para nenos entre 2 e 6 anos nun formato pensado xa para
dispositivos e que se estreará nos próximos meses.


E por último e aínda que non nos pode contar demasiado en Undodez traballan o
desenvolvemento de varios proxectos xunto á produtora Ailalelo, recentemente formada
polos xornalistas coruñeses Nacho Carretero e Arturo Lezcano.

Making Of de ‘Nena’ (Fotografía: Aigi Boga)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies