Volta ‘Rapa’ a Movistar Plus +: a ficción producida por Portocabo estrea a súa segunda tempada e confirma unha terceira

Volta ‘Rapa’ a Movistar Plus +: a ficción producida por Portocabo estrea a súa segunda tempada e confirma unha terceira

A serie producida por Portocabo para Movistar Plus +, ‘Rapa’, estrea a súa segunda tempada o 15 de xuño de 2023 na plataforma, dende onde tamén confirmaron unha terceira tempada que dará peche á celebrada ficción televisiva.

Creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Rafa Montesinos, con Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva, esta segunda tempada leva a Maite (Mónica López) e a Tomás (Javier Cámara) a Ferrol, onde dous casos sen resolver volverán a unilos. Adentraranse no Arsenal, un mundo hermético rexido por unhas normas moi estritas, onde desapareceu unha oficial. El empeñarase en resolver un caso de asasinato que está a piques de prescribir despois de 20 anos.

O teatro Jofre de Ferrol acolleu o 14 de xuño a premiere da serie, onde tamén proxectaron o primeiro capítulo. A esta presentación acudiu o groso do seu elenco, unha nutrida representación do talento interpretativo galego, con actrices e actores como Melania Cruz, Iolanda Muíños, Lara Boedo, Carlos Blanco, Darío Loureiro, Chisco Amado, Adrián Ríos, Evaristo Calvo, ou Federico Pérez no seu elenco.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies