Illa Bufarda, un lugar desde onde ver o mundo

Illa Bufarda, un lugar desde onde ver o mundo

Un novo socio chega a Agapi, un trinomio formado por tres mulleres: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva e Pilar Abades, desde a súa produtora Illa Bufarda, estas tres mulleres levan xa dez anos traballando en diferentes proxectos audiovisuais e culturais, como elas afirman: “Illa Bufarda é un lugar desde onde ver o mundo”. De aí o que o nome da súa illa sexa bufarda, palabra que fai referencia ás pequenas xanelas das casas galegas polas que se filtran os raios de luz.

Foi en 2012 cando Sabela e Adriana se coñeceron mentres estudaban Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e decidiron dar o paso para formar a súa propia produtora:

Illa Bufarda naceu nun contexto de crise económica e tamén vital. Traballaramos en varios proxectos pero de maneira moi precaria, tiñamos claro queriamos traballar do noso e non queriamos emigrar”

En 2019 incorporouse ao equipo Pilar, e con esta nova adhesión fan fronte a proxectos moi variados e multidisciplinares xa que aínda que as tres veñen do audiovisual cada unha ten a súa especialidade: Adriana a animación, Sabela o deseño e Pilar a fotografía.

No seu portfolio caben unha gran variedade de proxectos moi diversos, desde o documental, webserie e tamén xornadas de formación que realizan baixo o nome de Escola da Illa, desde a que traballan para fomentar a creatividade e educar a mirada crítica.

Coa parte formativa aprendemos moitísimo, non só polo traballo que iso conleva senón tamén polo que nos achega o alumnado”

Entre os proxectos propios que destacan ao longo destes 10 anos está o documental de ‘Negro Púrpura’, estreado no 2021 e que segue na actualidade na súa distribución internacional. Unha longametraxe documental que nos mostra a curiosa historia do claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno capaz de unir as pragas da Idade Media coa economía galega do século XX e a CIA.

Ademais en 2019 realizaron ‘Fíos Fora’, un documental que fixeron para a ONG Amarante Setem. A través de varias entrevistas podemos ver e escoitar as historias das costureiras galegas que levantaron as industria téxtil galega desde os anos 60, unha industria que actualmente se atopa deslocalizada case na súa totalidade.

Un dos proxectos recentes que máis orgullosas senten é a webserie SEX, feita en colaboración coa asociación Aseia, 6 capítulos sobre sexualidade e adolescencia gravados en galego e que están dispoñibles en youtube.

Actualmente non nos poden contar máis dos proxectos que teñen entre mans, que aseguran son varios xa que ideas non lles faltan.  Se algo pode definir a súa mirada á hora de elixir proxectos é “todo aquilo que nos remove por dentro”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies