En Vía Láctea Filmes fan seu o dito “Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai a montaña”. Fai un ano xusto comezaban a rodaxe de “María Solihna”, a nova longametraxe do director Ignacio Vilar que tiña previsto chegar ás salas o pasado 15 de maio, pero chegou una pandemia mundial e tocou reiventarse ¿Como? pois montando un autocine ambulante e estreado a película no rural galego a través dos concellos:
“Por primeira vez a xente do rural vai asistir a unha estrea mundial antes que a xente das cidades”
O vindeiro venres, 19 de xuño, estrearase por todo o alto “María Solinha” en Redondela, ao lado da plaza do concello. Haberá alfombra vermella, e estarán presentes os membros do reparto e equipo con vestiario deseñado para ocasión por David Vilas e zocos feitos en exclusiva por Elena Ferro. Para poder manter as medidas de seguridade só 200 asistentes poderán asistir á estrea. Ao día seguinte, o sábado 20 o filme presentarese en Cangas e o domingo en Verín, onde se instalará o primer autocine cunha pantalla de 16 metros traída para acasión dende Hong Kong. Os espectadores poderán escoitar o son da película dende o seu coche a través dunha emisora de radio. Para Ignacio Vilar hai unha cousa clara:
“O cine ten que seguir chegando a xente, hai que estar presente nos coloquios, presentando a película, falando coa xente, a min personalmente este proceso enriquéceme moitísimo como director”
A historia de “María Solinha” poderá verse en máis de 100 concellos galegos durante todo o verán, a última proxección está prevista para o 2 outubro en Lourenzá, pero seguen a percorrer os concellos un por e un para conseguir que a historia de “María Solhina” chegue o maior número de xente. Se todo vai ben esperan alcanzar os 70.000 espectadores. A maiores, o filme poderá verse tamén nalgunas vilas do norte de Portugal e vilas de Castela e León como Lubián, Hermosinde e Porto en Zamora, lugar no que a día de hoxe aínda se fala en galego.
O director recoñce que a rodaxe de “María Solinha” foi dura, pero afirma, sen dúbida, que foi a maís desfrutou de todas as da súa carreira. “Rodamos todo o filme entre as vilas Cangas e Redondela, ao vivir en Vigo podía durmir na casa e iso foi un auténtico pracer”. A sétimo longametraxe de Vilar conta con un reparto de 29 actores e actrices, e transcorre entre dúas liñas temporais: o século XVII e o século XXI. Ademáis esta rodada en steadycam nun plano secuencia: “a cámara convírtese nun ollo divino que segue aos personaxes e percorre a Costa da Vela- É unha proposta na que o espectador acaba por non saber en que século está. A verdade é que estamos moi contentos co resultado da película”.
Aínda que están inmersos na estrea de “María Solihna”, en Vía Láctea Filmes xa traballan no seu próximo proxecto: “Aurea 1964”. O primer proxecto en galego que recibiu o axuda do programa Europa Media, e para o que xa teñen un contrato firmado con Filmax para a distribución estatal e as ventas internacionais. Contan entre o reparto con actores como Karra Elejalde, Antonio Durán “Morris”, Miguel de Lira, Melania Cruz e Itziar Ituño. Se todo vai ben esperan comezar a rodar a principios de 2021.
A Covid-19 parou a estrea nos cines de “María Solinha”, pero Ignacio Vilar e o seu equipo buscararon a maneira de que a película chegase á xente a través dos concellos do rural galego. Ignacio remata a entrevista coa afirmación de que “na industria do cine hai que reinventarse cada día para seguir adiante e seguir facendo o que nos apaixona”.