Cando unha produtora e unha escola traballan man a man

Cando unha produtora e unha escola traballan man a man

Producciones Vigo leva desde 1998 traballando conxuntamente coa Escola de Imaxe e Son de Vigo ( EISV) fundada case 11 anos antes, con máis de 20 anos de traballo ás súas costas poden dicir que a fórmula funciona.

Como produtora realizaron servizos de proxectos audiovisuais máis comerciais para clientes como Adolfo Domínguez, Puma, Abanca, Ecomvideo…e tamén teñen producido ficción e documental con títulos como “Galáctea”, “O nacemento de Santiago de Compostela”, “Ila de Loito” e desenvolto obras de televisión como ”Fábula, a terra meiga”. Pero o tándem creado coa EISV é quizáis un dos seus alicerces máis fortes. Producións Vigo é o lugar onde moitos dos alumnos da EISV acaban facendo as súas prácticas, e ademais a produtora ofrece os seus servizos á escola coma se tratásese dun cliente máis, dándolle todo o soporte na distribución, dereitos e promoción en festivais a moitos dos proxectos que saen da escola.

Falamos con José Luis González, responsable da produción creativa dentro da produtora, hai unha cousa que ten clara: “Esta conexión coa escola sempre nos interesou moito, permítenos ter o talento creativo e profesional moi próximo. Outro dos puntos fortes é que é unha forma de estar en contacto con toda a parte de animación e videoxogos feitos por xente moi nova, e deste xeito poder desenvolver proxectos transmedia, dentro desta rama hai unha creatividade brutal “.

En Producciones Vigo traballan catro persoas de xeito permanentemente e contan con un departamento de I + D onde se levan feito plataformas como Fantasio.e na que se insiren todos os proxectos que saen da escola.
Entre os proxectos que máis impactaron está a curtametraxe de ficción Zugzwang, dirixida por Diego Markwalder, curta que leva o nome dunha xogada de xadrez, dise que un xogador está en zugzwang se algún movemento permitido empeora a súa situación. Na actualidade, tanto a escola como a produtora viron como algúns dos proxectos quedaron conxelados debido á paralización provocada pola Covid-19, aínda que esperan que se reanude pronto. Un destes proxectos é unha serie de animación “Os contos de Ori” (Ori´s Tales) que esperan poder retomar pronto e redirixir a un novo target.

Yolanda Rodriguez Anievas, subdirectora da EISV ten claro que o apoio da produtora para a escola é clave, non só polo traballo de difusión e promoción, senón porque grazas á produtora xorden proxectos de colaboración coa TVG que ofrecen aos estudantes a oportunidade de traballar en proxectos audiovisuais reais.

A sinerxía entre as dúas entidades é clara, afirma José Luis, e é que ao final “a intención do produtor é xerar demanda profesional para os estudantes da escola e fortalecer a industria con contido e talento creativo”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies