O Concello de Verín destinará a recadación íntegra da estrea de ‘María Solinha’ ao apoio das familias máis afectadas pola crise sanitaria do covid-19. Concretamente o concello dirixirá a doazón ás actividades que está a realizar a asociación Portas Abertas.
A primeira sesión do autocine de Verín celebrarase o vindeiro domingo, día 21, no aparcamento central da vila. Alí proxectarase por primeira vez a nova película do director galego Ignacio Vilar. ‘María Solinha’ dará o pistoletazo de saída a unha forma segura de gozar do cinema, mantendo a distancia e totalmente protexidos cada un no seu coche.
A cita comezará ás 21.30 horas e contará coa presenza dos actores e do director do filme, cuxa proxección será a partir das 23.00 horas.