Ignacio Vilar: “Somos nós os que temos que contar as nosas propias historias”

Ignacio Vilar: “Somos nós os que temos que contar as nosas propias historias”

En Vía Láctea Films levan máis de dúas décadas apostando por un “cinema heroico galego”, así é como define Ignacio Vilar as películas que están detrás da produtora que montou en 1993 cando volveu a Galicia.

Todos os seus proxectos están rodados e exhibidos en galego, pero isto non lles impediu ter éxito a nivel nacional e internacional, proba diso é “A Esmorga”. A película baseada na novela de Eduardo Branco Amor mantívose en carteleira 15 semanas consecutivas, e en cidades como Madrid ou Barcelona aguantou ata 9 semanas. Grazas ao éxito de “A Esmorga”, as portas das salas abríronselle coa súa seguinte longametraxe, “ Sicixia”, unha
película intimista rodada tamén en galego que chegou a ser subtitulada en 11 idiomas.

En Vía Láctea Films cren que o éxito de “A Esmorga”, nos só reside na calidade da longametraxe, senón tamén na promoción que fixeron da mesma. E é que falando con Ignacio, teno claro, “hai que pensar na difusión desde o momento cero”. Para eles outro dos puntos crave é controlar a distribución, por iso en Vía Láctea Films tentan manter a relación directa coas salas, “ás veces entrar nunha gran distribuidora pode pode facer que a túa película acabe no fondo dun caixón”.

Acaban de empezar a rodar “María Solinha”, unha película que narra a historia descoñecida por moitos dunha muller que no século XVII librou unha batalla en solitario pola igualdade, a película expón a seguinte pregunta: Como sería esta María Solinha na actualidade?.
En fase de financiamento atópase o longametraxe “Aura 1964”, que se converteu no primeiro proxecto rodado en galego apoiado polo programa europeo MEDIA, unha coprodución con Francia e Bélxica que distribuirá Filmax. Ademais acaban de presentar María Casares, un proxecto internacional que busca a coprodución con Francia.
Ignacio Vilar foi un dos impulsores de Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), “era necesario ter unha fronte común perante as administracións públicas”.
E é que o reto das produtoras independentes é a subsistencia e o financiamento dos proxectos, por iso é importante recibir o apoio de autonómico e estatal, “temos que entender que o cinema non só é importante para contar nosas propias historias, é ademais un gran reclamo turístico, e isto é algo que as administracións teñen que entender e así apoiar a un sector estratéxico como é o audiovisual galego”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies