Comeza a rodaxe de ‘María Solinha’, novo filme de Ignacio Vilar

Comeza a rodaxe de ‘María Solinha’, novo filme de Ignacio Vilar

O novo filme do director Ignacio Vilar, ‘María Solinha’, comezou a súa rodaxe o luns 19 de agosto en localizacións de Redondela, Cangas e da Illa de Toralla. A rodaxe desta película, que aborda a figura desta muller do século XVII pero trasladada á actualidade, estenderase ao venres 20 de setembro. Así foi anunciado nunha rolda de prensa celebrada na Lonxa de Cesantes (Redondela), na que participaron Ignacio Vilar, director do filme; Grial Montes e Laura Míguez, actrices protagonistas; Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG; Jacobo Sutil, director da AGADIC, en representación da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas; Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela; e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. 

A película está producida por Vía Láctea Films. Conta co apoio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela, TVG e o Concello de Cangas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies