Finaliza a rodaxe da serie ‘Rapa’, producida por Portocabo

Finaliza a rodaxe da serie ‘Rapa’, producida por Portocabo

Onte, 21 de decembro, poñíase fin á rodaxe da nova serie ‘Rapa’, producida pola empresa galega Portocabo para Movistar+.

A serra da Capelada é o escenario natural desta serie de seis episodios, que ten prevista a súa estrea na primavera de 2022. A historia dá comezo durante a celebración da rapa das bestas, cando ten lugar un crime que Maite, a sarxento da Guardia Civil, intentará resolver coa axuda de Tomás, un profesor frustrado.

Pepe Coira e Fran Araújo son os creadores desta nova proposta televisiva, que dirixe Jorge Coira e conta con Alfonso Blanco, de Portocabo, na produción executiva. En canto á interpretación, Javier Cámara e Mónica García encabezan un elenco cunha importante representación galega, con nomes como Lucía Veiga, Eva Fernández, Toni Salgado, Berta Ojea, Iria Sobrado, Tito Asorey, Ricardo Barreiro ou Mabel Rivera, entre outros.

Esta produción contou co apoio do novo Fondo de fomento e promoción de rodaxes, posto en marcha pola Agadic dentro das accións do Hub Audiovisual.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies