‘Decorado’ a nova película de Alberto Vázquez, producida por Abano estréase con éxito no Festival de Sitges

‘Decorado’ a nova película de Alberto Vázquez, producida por Abano estréase con éxito no Festival de Sitges

‘Decorado’ a nova película de Alberto Vázquez, producida por Abano estréase con éxito no Festival de Sitges

A nova película do laureado director e guionista Alberto Vázquez estreouse o domingo dentro da programación oficial a concurso do Festival de Cinema Fantástico de Sitges. O autor galego, procedente do mundo do cómic, tivo tamén unha destacada carreira no cinema de animación, gañando 4 Goyas da Academia, entre outros galardóns, polas súas producións anteriores (‘Unicorn Wars’, ‘Psiconautas’, ‘Homeless Home’ e a curtametraxe ‘Decorado’).

‘Decorado’ é unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, María y Arnold AIE e Sardinha Em Lata. A prestixiosa distribuidora Le Pacte encargarase das vendas internacionais do filme. O proxecto conta co respaldo de RTVE, ETB, TVG, Movistar Plus+, ICAA, Agadic, a Deputación de Badajoz, o Goberno Vasco e a Deputación Foral de Bizkaia.

‘Decorado’ é unha fábula dirixida a público adulto, xa que os temas que trata Alberto Vázquez adoitan atopar o recoñecemento nesta área especialmente.

A película chegará aos cinemas de toda España o día 24 de outubro, pero previamente está a ter un gran percorrido por festivais de todo o mundo. Tras estrearse no Fantastic Fest de Austin (Texas), onde gañou a mención especial do xurado, chegou ao BFI de Londres a semana pasada e este domingo 12 estreouse en Sitges, con gran éxito de público e moi boas críticas. Os dous pases no festival colgaron o “non hai entradas” enchendo así a sala do Auditori, a maior sala de Sitges, con 1.500 localidades.

Ao pase asistiu unha parte importante dun equipo que alcanza as 200 persoas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies