‘Así chegou a noite’ (Maruxiña Film Company e Matriuska Producións) terá a súa estrea mundial no Festival de Cine de Gijón

“Así chegou a noite”, novo filme de Ángel Santos, coproducido polas nosas asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións terá a súa estrea mundial en novembro no Festival de Cine de Gijón.
O cineasta galego volve con estre drama intimista unha década despois da estrea da súa última pelícua, “Las altas presiones”. O filme protagonizado por Denis Gómez e Violeta Gil, formará parta da sección Competición Internacional Abar do festival asturiano.
“Un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.”
