‘Decorado’, a nova película de Alberto Vázquez, desvela o seu cartel e anuncia a súa estrea mundial no Fantastic Fest dos EE.UU 

‘Decorado’, a nova película de Alberto Vázquez, desvela o seu cartel e anuncia a súa estrea mundial no Fantastic Fest dos EE.UU 

‘Decorado’, a nova película de Alberto Vázquez, desvela o seu cartel e anuncia a súa estrea mundial no Fantastic Fest dos EE.UU 

“O mundo é un marabilloso decorado, pero ten un reparto deplorable”. Oscar Wilde

Decorado, o agardado novo traballo do cineasta galego Alberto Vázquez,coproducido pola nosa asociada Abano Producións, terá a súa estrea mundial na Sección Oficial do Fantastic Fest. Un dos festivais de xénero máis importantes do mundo, celebrado do 18 ao 25 de setembro en Austin (Texas, EE. UU.). Un fito que pon en valor a elevada calidade do traballo de animación galego. 

Seguindo a liña creativa do autor, Decorado é unha película que combina sátira, surrealismo e humor negro para mergullarnos nunha realidade inquietante e absurda. Alberto Vázquez afirma que: 

“A historia de Decorado nace dun longo camiño cheo de casualidades, achados artísticos e persoas que fixeron posible esta longametraxe. Sempre me interesou abordar temas contemporáneos a través da fantasía. A metáfora e o conto permiten narrar desde outro lugar, ofrecendo novas perspectivas sobre a realidade. Os animais, ao non estar atados a un tempo nin a un espazo concretos, pertencen a todas as culturas; proveñen das fábulas, dos contos clásicos, pero tamén das orixes do cómic e a animación. Por iso están profundamente arraigados no noso imaxinario colectivo e enténdense en calquera lugar do mundo. Ademais, os animais son máis fermosos en todos os sentidos que os humanos.”

En España chegará aos cines o 24 de outubro, da man de Barton Films.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies