‘As Estaçoes’ Maureen Fazendeiro, coproducida por Filmika Galaika, Boccalino D’Oro no 78º Festival de Cine de Locarno

‘As Estaçoes’ Maureen Fazendeiro, coproducida por Filmika Galaika, Boccalino D’Oro no 78º Festival de Cine de Locarno

As Estações’ de Maureen Fazendeiro, coproducida por Filmika Galaika, Boccalino D’Oro no 78º Festival de Cine de Locarno

O talento galego obtivo recoñecemento, unha vez máis, no Festival de Cine de Locarno. As Estações dirixida por Maureen Fazendeiro tivo unha recoñecida estrea mundial na Selección Oficial do Concorso Internazionale do festival suizo. O filme, coproducido pola nosa asociada Filmika Galaika, gañou o Boccalino D’Oro pola súa contribución á linguaxe cinematográfica. Premio otorgado polo Xurado de Críticos Independentes.

A directora portuguesa Maureen Fazendeiro (centro), a coprodutora Beli Martínez de Filmika Galaika (á súa esquerda) e o equipo do filme no photocall do Festival de Cine de Locarno.

Na súa primeira longametraxe e dirección en solitario, Maureen Fazendeiro expón unha das preguntas cinematográficas máis fundamentais: como podemos representar o tempo? (…) En termos simples, As Estações é un filme de paisaxes que se centra no Alentexo, unha rexión rural de Portugal. (…) Fazendeiro emprega o cinema como instrumento para escavar as diversas capas da historia contidas en calquera paisaxe dada. Nun traballo complexo de xeografía humana, As Estações demostra que a terra foi e segue sendo unha coalescencia material de liñas de tempo que non se poden cadrar entre si, algunhas das cales en realidade non están dispoñibles para a percepción humana.Michael Scinski, In Review Online

Frame de As Estações

Por outra banda, Galicia foi representada tamén no Festival de Cine de Locarno por Andrés Sanjurjo, da nosa productora asociada Acariño Films. Sanjurjo foi foi un dos tres españois seleccionados  para participar en Match Me!, o programa de networking para produtores independentes. Match Me! sitúase como un espazo fundamental para o impulso de novas voces na produción cinematográfica. Un lugar de encontro para profesionais de todo o mundo co obxecivo de fomentar novas alianzas no ámbito da coproducción internacional.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies