“Pipo”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, chega ao Xabarín

“Pipo”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, chega ao Xabarín

“Pipo”, a nova  serie de animación producida pola nosa asociada UNDODEZ, chega ao Xabarín

Pipo, a nova serie de animación da nosa produtora asociada 𝗨𝗡𝗗𝗢𝗗𝗘𝗭, chega ao Xabarín de CRTVG para alegrar aos máis pequenos/as da casa. Creada en Galicia e en galego por Álvaro Mahía e Laura Mahía, responsables da marabillosa serie musical, “Bibopalula”.

Pipo ven de estrearse no festival Castelo Conta de Culleredo e se atopa xa dispoñible na plataforma xabarin.gal. Unha proposta pensada para nenas e nenos de entre 5 e 8 anos que consta de 10 capítulos na súa primeira temporada.

‘Pipo’ conta a historia de Berta, unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos. O primeiro día do novo curso escolar, Berta descobre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes E ata pelar as laranxas. A vida de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies