A nova longametraxe do director pontevedrés Ángel Santos ‘Así chegou a noite’ continúa estos días a súa rodaxe no Grove. A compañía galega Maruxiña Films encabeza a produción deste novo título do audiovisual galego no que tamén participa a produtora Matriuska Films. A película culminará este mes a súa filmación, que se estenderá tamén aos municipios de Sanxenxo e Meaño, cun especial protagonismo dos espazos naturais desta zona.