Comeza a rodaxe de ‘Ons’, a nova película de Alfonso Zarauza, producida por Maruxiña Film Company

Comeza a rodaxe de ‘Ons’, a nova película de Alfonso Zarauza, producida por Maruxiña Film Company

A Illa de Ons acolle desde hoxe a rodaxe da nova película de Alfonso Zarauza, ‘Ons’, un filme de drama e misterio producido pola empresa asociada Maruxiña Film Company.

A gravación de Ons reunirá durante cinco semanas neste enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas actores e actrices da altura de Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Miguel de Lira, María Vázquez, Xulio Abonjo e Marta Lago, entre outros. A longametraxe conta a historia dun matrimonio en crise e a aparición dunha misteriosa muller que naufraga nunha illa deshabitada.

O novo proxecto audiovisual de Zarauza, director de películas como ‘Os fenómenos’, ‘Encallados’ e ‘A noite que deixou de chover’, foi presentado onte no Estaleiro de Purro, en Bueu, coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; do produtor executivo da película, Xavi Font; da deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso; do concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, e de varios dos actores protagonistas.

O director destacou que se trata ‘dun filme de misterio, cun verniz autoral, que trata o amor desde a propia necesidade del e todo en estreita combinación co espazo paradisíaco da Illa de Ons’. Apuntou tamén que o traballo ten unha clara visión feminista, tanto na historia que conta coma na cantidade de mulleres que participan nel.   

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies