A edición de 2019 dos Premios Ondas, que entrega a cadea SER e que recoñecen todo o máis destacado en televisión e radio no último ano, acaba de dar a coñecer os gañadores.
A serie ‘Hierro’, coprodución entre Portocabo, Movistar+, Atlantique Productions e ARTE France acada dous Premios Ondas, nas categorías de Mellor ficción (Ex Aequo) con ‘Arde Madrid’ e Mellor Interpretación Feminina para Candela Peña.
A gala de entrega dos galardóns terá lugar o xoves 14 de novembro no Gran Teatre do Liceu de Barcelona. Os Premios Ondas recibiron un récord de inscricións este ano con máis de 450 candidaturas de 25 países, a segunda ocasión na historia que estes superan as 400 inscricións a nivel xeral.