Cinemar Films, estudo de referencia en postprodución audiovisual

Cinemar Films, estudo de referencia en postprodución audiovisual

Cinemar Films abriu as súas portas o 2006 para dar ao audiovisual galego a sala de son que necesitaba e ofrecer así un servizo integral de postprodución e mestura de son para cinema aquí, na “casa”, e evitar así que os proxectos galegos tivesen que irse a Madrid ou Barcelona; desde o estudo cren firmemente “que para considerarnos unha industria audiovisual, é moi importante que os nosos creadores poidan pechar todos os procesos en Galicia”. Desde Santiago de Compostela, Cinemar Films é o único estudo de Galicia que posúe, entre outras, unha sala de mesturas Dolby Dixital con proxector de cinema de 35mm cunhas dimensións que superan os 100 metros cadrados.

Falamos con Jacobo Pena, CMO da empresa, sobre a importancia do son e da existencia dunha sala como esta para o audiovisual galego,”sen o son non chegariamos a sentir o medo, a angustia e a excitación, o son aumenta a visión do espectador e amplíaa”.

Aínda que naceron coa intención de dar servizo ao audiovisual galego, a realidade é que traballan a nivel nacional e internacional, desde Cinemar Films téñeno claro “o son que consegues no estudo non se consegue doutra forma, nun mercado tan competitivo, a calidade marca sempre a diferenza’’.

Recentemente veñen de rematar o foley da exitosa serie producida para Movistar+ ‘O corredor da morte’ e actualmente traballan na postprodución da serie producida por Portocabo, ‘Auga Seca’, que celebrará a súa estrea mundial en outubro no marco do Mipcom 2019.

Cinemar é un estudo que goza de prestixio e que en varias ocasións recibiu recoñecementos ao traballo de son, destacando a mención especial ao mellor son no Festival de Sevilla por ’Mimosas’ de Oliver Laxe. Nestes anos, son moitos os traballos que pasaron polas súas instalacións, títulos como ‘A Esmorga’, ‘O Faro’, ‘Fontealba’, ‘Cocorico’, ‘A media voz’ ou ‘ Miracle Tunes’ son só algúns exemplos.

Preguntámoslle a Jacobo pola saúde do sector audiovisual galego e comparte opinión con outros compañeiros de profesión: “consideramos que hai, houbo e esperamos que haxa moito talento, temos grandes profesionais, é un bo momento para Galicia, non polo momento no que estamos senón porque hai xente con talento”. Por estes motivos defenden unha e outra que vez que “en Cinemar estamos aquí para apoiar a esa xente, somos unha ferramenta, cos nosos técnicos e a nosa sala”.

Miran ao futuro con ganas de que se incrementen as producións non só en Galicia e coa intención de poder alcanzar novos mercados a nivel global.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies