A empresa ourensana Astrágalo Studio vén de levar adiante as últimas campañas do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
‘Hoxe é un anuncio, mañá non’ é o lema da campaña de publicidade institucional do INCIBE coa que se achega á sociedade para sensibilizar e concienciar sobre os riscos de internet e as novas tecnoloxías, así como a importancia de levar a cabo un uso seguro das mesmas.
A campaña ‘Cazando Ciberincidentes’ buscar sensibilizar e traballar na prevención sobre os perigos de internet entre a xente máis nova.