Agapi lanza o documental ‘Elas, produtoras executivas’

Agapi lanza o documental ‘Elas, produtoras executivas’

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) vén de realizar unha peza documental que leva por título ‘Elas, produtoras executivas’, acción impulsada ao abeiro dos Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Trátase dunha peza audiovisual destinada a poñer en valor o traballo invisible das mulleres na produción e mostrarlles referentes femininos ás xeracións máis novas, toda vez que Galicia é unha excepción no Estado polo maior número de mulleres con cargos directivos nas produtoras.

Dirixida e protagonizada por elas, quere darlles voz a todas as produtoras que fan posible un audiovisual rico e diverso: Chelo Loureiro, Paula Cons, Nati Juncal, Jaione Camborda, Luisa Romeo, Laura Doval, Mercedes Nieto, Andrea Vázquez, Nina Hernández, Amalia Mato, Silvia Fuentes, Ruth Chao, Beli Martínez, Gael Herrera, Eva Rivas, Inma Castaño, Zaza Ceballos, Mamen Quintas e Emma Lustres. Elas reflexionan sobre o camiño, os logros e fracasos, a conciliación, da autoesixencia, a competencia, os complexos, o machismo, a vulnerabilidade e a aceptación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies