‘AS LIÑAS DESCONTINUAS’, a segunda longametraxe da directora AnxosFazáns (‘A Estación Violenta’, 2017), terá a súa estrea mundial na sección oficial da 29º edición da Tallinn Black Nights Festival (PÖFF).
Tras o seu paso polo certame da capital estoniana, a cinta competirá uns días despois na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Xixón.
A cinta é un drama intimista rodado integramente en galego, e está protagonizada por Mara Sánchez, actriz que conta cunha sólida carreira en televisión e as salas de teatro en Galicia, e Adam Prieto, para o que Denís supón o seu primeiro papel na interpretación.
‘AS LIÑAS DESCONTINUAS’ é unha produción de Sétima (Silvia Fuentes, Anxos Fazáns) e Sideral (Nuria Landete, Roberto Butragueño). Conta co apoio do ICAA, AGADIC, CSAG, HBO e as Deputacións de Pontevedra e A Coruña; e será distribuída en cinemas da man de Sideral.

SINOPSE
Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís é un mozo trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.