‘As liñas descontinuas’ (Anxos Fazáns), producida pola nosa asociada Sétima, multipremiada no Festival Internacional de Cine de Xixón

Tras a súa estrea mundial no Tallinn Black Nights Festival (PÖFF), a nova película da cineasta Anxos Fazáns, ‘As liñas descontinuas’, tivo a súa premiere estatal no FICX Festival Internacional de Cine de Xixón. O filme, da nosa produtora asociada Sétima , fíxose con dous galardóns no certame asturiano: Premio DAMA ao Mellor Guión de película española e Premio RAMBAL de XEGA (Asoaciación LGTBI+ asturiana), pola súa clara aposta pola diversidade.

A estrea galega de ‘As liñas descontinuas’ terá lugar o vindeiro 9 de decembro no Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS. Onde será a encargada de inaugurar a décima edición do festival. Fazáns será a autora ademais da cabeceira do certame neste 2025, onde tamén está a impartir o obradoiro O cine dende os corpos, en colaboración coa Universidade de Vigo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies