AGAPI asiste ao Foro ‘Luso-Galaico: Creatividade e Coproducións’ do Festival Porto/Post/Doc
En AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes asistimos onte ao Foro Luso-Galaico: Creatividade e Coproducións do Festival Porto/Post/Doc en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Comisión Cinematográfica de Portugal. Evento adscrito á parte de industria do certame.

Nun momento no que a colaboración transfronteiriza é crucial para a competitividade e a visibilidade das obras no mercado global, o Foro afondou as conexións entre Portugal e Galicia, de cara a promover o potencial creativo común e impulsar proxectos conxuntos que reflicten a diversidade, a innovación e a ambición do sector audiovisual ibérico.
