‘Fomos ficando sós’ (Adrián Canoura), producida pola nosa asociada Zeitun Films, celebrou a súa premiere mundial no IDFA xunto co equipo da película

Fai unha semana ‘Fomos ficando sós’, ópera prima do cineasta Adrián Canoura, producida pola nosa asociada Zeitun Films, tivo a súa estrea mundial no IDFA Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam. O equipo asistiu ao certame neerlandés a presentar a película, a cal tivo unha gran acollida entre o público, que ateigou a pai (Raúl Canoura) e fillo (Adrián Canoura) de preguntas sobre as súa relación e travesías en alta mar.

“Dende o porto de Burela faena o barco Raúl Primero, capitaneado por Raúl Canoura desde fai tres décadas, con unha larga tradición Pesqueira familiar. O seu fillo, o director, atopa unhas cintas de vídeo gravadas por Raúl durante varias mareas en diferentes etapas. Estas cintas mostran unha vida, un mundo que foi, cada vez máis esquecido, e que Adrián intenta ver como foi, navegando co seu pai no barco familiar.”
