‘Así chegou a noite’ (Ángel Santos), producida por Maruxiña Films Company e Matriuska Producións, Premio á Mellor Dirección do Festival de Xixón

‘Así chegou a noite’, novo filme de Ángel Santos e coproducida polas nosas asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións, tivo fai uns días a súa estrea mundial no Festival Internacional de cinema de Xixón. Este retorno ás pantallas do cineasta galego tras unha década do seu anterior filme, foi recoñecido polo xurado do festival asturiano, que acadou concederlle o premio á Mellor Dirección da Sección Oficial Internacional.

O filme protagonizado polos actorers Denis Gómez e Violeta Gil, tivo ademais a súa estrea galega no Festival Cineuropa, onde a cidade de Santiago de Compostela agardaba con ansia a proxección.

