Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo, incorporouse á International Academy of Television Arts & Sciences. O produtor é o único español que entrou esta vez e convértese no primeiro galego en conseguilo.
Fundada en 1969 e con sede en Nova York, a International Academy of Television Arts & Sciences é a maior organización de empresas de produción, distribución e radiodifusión do mundo. A institución recoñece a excelencia na programación de televisión producida fóra de Estados Unidos a través dos premios Emmy, que se celebran cada ano no Hotel Hilton de Nova York atraendo a máis de 1.200 profesionais da televisión.
Ata o momento, na listaxe de membros que compoñen a Academy of Television Arts & Sciences só atopábanse seis profesionais de España (Jordi Bosch, Alberto Carullo, Laura Fernández Espeso, Géraldine Gonard, Javier Méndez e José Velasco), aos que se lle engade agora Alfonso Blanco como sétimo integrante.