AGAPI solicita medidas de impulso na reunión sectorial co BNG

AGAPI solicita medidas de impulso na reunión sectorial co BNG

Esta mañá, asistimos desde Agapi a unha xuntanza sectorial de Cultura convocada polo BNG. O encontro telemático; presidido por Ana Pontón, Olalla Rodil e Xavier Campos; contou coa participación activa de Agapi, Escena Galega, AGPX, Músicas ao vivo e Proxecta.

Nela os presentes coindiron en trasladar a necesidade de levar adiante medidas específicas a curto e medio prazo que permitan mitigar o impacto desta situación de pandemia.

Desde AGAPI, entre outras cuestións, insistiuse na necesidade de cumprir cos compromisos pendentes de convocatorias de Subvencións (produción, desenvolvemento e coprodución minoritaria), así como na urxencia de facilitar o cobro dos anticipos pendentes. Tamén se sinalou a importancia da ampliación nos plazos máis aló do estado de alarma que permitan adaptarse ás circunstancias das empresas e proxectos, o aumento da liquidez para as empresas a través de medidas económicas concretas e a urxencia de contar coa implicación da TVG como motor e impulso do sector.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies