As Asociacións sectoriais do audiovisual reúnense para facer balance trala reunión co Conselleiro de Cultura

As Asociacións sectoriais do audiovisual reúnense para facer balance trala reunión co Conselleiro de Cultura

As Asociacións representativas do tecido profesional e empresarial que forman a base do sector audiovisual galego; nomeadamente AAAG, ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, AGAG, AGAPI, CREA e PROXECTA; reúnense para facer balance da xuntanza mantida esta mañá co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Recollendo a boa disposición por parte da Xunta de Galicia en traballar nun plan de medidas específico que axude a paliar a situación no sector da cultura, os presentes mostraron a súa total conformidade para apoiar a concreción desas medidas previstas nun prazo de 15 días.

Coincidiron en recalcar a vontade por parte do Conselleiro de dar cumprimento ós compromisos adquiridos con anterioridade á crise sanitaria e emprazáronse a seguir traballando de forma conxunta nun escenario de futuro que permita reverter e mitigar a difícil situación que atravesan as empresas e profesionais do colectivo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies