Agapi participa o vindeiro xoves día 15 na xornada que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación para analizar o escenario que deixa a recente aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.
Uxía Caride, como xerente de AGAPI, analizará o estado xeral do audiovisual en Galicia, centrando especialmente a atención nas afectacións á produción independente, xunto con Lidia Fraga da AGAG e Iria Taibo de AGPT.
As xornadas arrincan ás 9.30h coa recepción e saúdo de Margarita Ledo. A asistencia será de balde ata completar o aforo do Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.