A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta os mentores e mentoras da I Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta os mentores e mentoras da I Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) contará con 5 profesionais de recoñecido prestixio dentro da produción executiva para mentoría dos proxectos seleccionados na I edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no financiamento de proxectos de coprodución para cinema e televisión.

Este grupo de mentores estará formado por: Luisa Romeo (Frida Films), Felipe Lage (Zeitun Films), Andrea Vázquez (Miramemira), Ruth Chao (Somadrome) e Gaspar Broullón (OlloVivo). Todos eles produtores e produtoras de dilatada experiencia e traxectoria.

Cada un das cinco persoas seleccionadas terá a oportunidade de traballar man a man cos mentores e mentoras de forma que o proxecto poida ir mellorando durante os tres meses que dure este valioso acompañamento. “¿Dónde están los ladrones?” de Julu Martínez estará mentorizado por Luisa Romeo (Frida Films), “As Movidas” de Alejándro Gándara por Gaspar Broullón (OlloVivo), “Primera Inmersión” de Cristela Torres por Ruth Chao (Somadrome), “Furtivo” de Uxía Diéguez por Felipe Lage (Zeitun Films) e “Chorima” de Alicia Úbeda por Andrea Vázquez (Miramemira).

Estas titorías de mentoring levaranse adiante desde este mesmo mes de setembro ata novembro de 2022 co obxectivo de lograr un impacto de resultados positivos que permita materializar os proxectos.

AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies