Achégase a Culturgal. A 15ª edición da Feira (Pazo da Cultura de Pontevedra, 24- 27 novembro), na quese leva traballando todo o verán. O calendario en 2022 ten unha temporización distinta á habitual, que responde a esa tarefa de renovación, impulsada pola nova dirección da Feira coa produtora Eva Alonso e polo especial aniversario. A reserva de stands para a Culturgal número 15 abre hoxe venres, 16 de setembro, ás 16:00 en cultur.gal.
A través dos formularios da zona profesional da web cultur.gal podedes facer a vosa reserva con comodidade. Se xa o fixestes en 2021, a vosa área pro segue activa. É importante revisar o MANUAL DE EXPOSITORES e o documento TIPOLOXÍAS STANDS. En 2022 hai novidades na distribución espacial, como se pode ver no PLANO, co desexo de reordenar e, polo tanto, sumar nos resultados das empresas e entidades con stand.
O deseño espacial deste 2022 ten en conta a venda directa ou non dos expositores; establece uns criterios específicos para stands dedicados á artesanía e tamén para os situados no Espazo Arte, e mantén descontos por pertenza a algunha das Asociacións Culturgal (AGAPI, AGE, Eganet, Escena Galega, Asociación Galega de Editoras), por “madrugar” na reserva (antes do 2 de outubro) e, tamén, pola fidelidade nas últimas edicións.