AGAPI organiza unhas xornadas de apoio psicosocial para ás súas asociadas en colaboración coa Deputacion da Coruña

As sesións grupais tiveron lugar o 27 de novembro e o 4 decembro, e nelas Menni traballou coas nosas asociadas asistentes o equilibro emocional no sector audiovisual. A sesión tivo lugar na sala multimedia da oficina de AGAPI, en Santiago de Compostela. Unha experiencia de posta en común, reflexión e coñecemento persoal e grupal na que se puxo en valor a idea de que coidarse tamén é crear.
