AGAPI e OFF ESCAC organizan xunto a Novos Cinemas a mesa redonda ”Da formación á profesionalización. Tránsitos e pontes na produción cinematográfica”
O vindeiro venres 12 de decembro terá lugar en Pontevedra o encontro profesional “Da formación á profesionalización. Tránsitos e pontes na produción cinematográfica”, unha actividade organizada por Novos Cinemas, patrocinada por OFF ESCAC e co apoio de AGAPI.
Participan: Silvia Fuentes, produtora en Sétima; Jerónimo Quevedo, produtor en Un Puma; Tono Folguera, produtor en Lastor Media. Modera: Uxía Caride, xerente de AGAPI.
O encontro terá lugar na Sala Zennet de Pontevedra en horario de 13 a 14h. O acceso é libre pero require inscrición previa co envío dun correo a: producion@novoscinemas.com.
