Finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ organizado por AGAPI en colaboración coa Deputación de Lugo, que percorreu varios institutos da provincia

Finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ organizado por AGAPI en colaboración coa Deputación de Lugo, que percorreu varios institutos da provincia

Finaliza o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ organizado por AGAPI en colaboración coa Deputación de Lugo, que percorreu varios institutos da provincia

Tras varios meses de intensiva actividade, finaliza o roteiro formativo ‘Elas, produtoras executivas’ organizado por AGAPI e a Deputación de Lugo. O roteiro por Institutos de Educación Secundaria da provincia tivo como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual a través do visionado da peza documental propia ‘Elas, produtoras executivas’ (26 min) acompañado dun posterior debate co público por parte dalgunha das protagonistas do documental. Os encontros estiveron presididos pola xornalista Mónica V. Lopo que fixo as presentación e moderou as conversas entre o alumnado e as convidadas.

O primeiro destes encontros tivo lugar o día 4 de xuño, no IES Pedregal de Irina de Meira e a convidada para este primeiro debate foi a produtora Laura Doval, de Gaitafilmes, orixinaria da propia localidade. Atopándose cunha implicación moi elevada do alumnado na temática tratada. 

Tras a pausa polo verán e unha vez iniciado o novo curso e tendo superado xa o prazo de avaliación inicial, o 15 de outubro retomamos o roteiro Elas, produtoras executivas na provincia de Lugo. Marta Eiriz, da nosa productora asociada Danga Danga Producciones, asistiu ao IES de Foz, na localidade homónima.

Continuamos o 17 de outubro en Monforte de Lemos, co IES Río Cabe, onde Rosa Taboada, da nosa produtora asociada Martela Films, presentou ao alumnado o roteiro Elas, produtoras executivas.

Seguimos coa a experiencia do roteiro Elas, propdutoras executivas en Becerreá o 12 de novembro. Irene Pin, reccente asociada coa súa produtora Aqueladas, presentou a actividade no IES Becerreá. Onde conversou cun alumnado realmente implicado no sector audiovisual desde a súa experiencia de nova creadora.

O 21 de novembro viaxamos ata Lugo capital da man de Tania Díaz, da nosa productora asociasa Artyc Content. O centro escollido foi o IES Lucus Augusti, onde o alumnado recibiu con ganas o roteiro Elas, propdutoras executivas

Concluímos a iniciativa do roteiro Elas, produtoras executivas pola provincia de Lugo o 24 de novembro na localidade de Guitiríz. Coral Piñeiro, da nosa produtora asociada Sombriza, presentou a actividade no IES Poeta Díaz Castro. Onde debate de xeito cercano co alumnado desde a súa perspectiva de nova creadora e produtora audiovisual.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies