Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 20 de abril unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados educación audiovisual que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e coa colaboración de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
Baixo o título ‘O potencial audiovisual como ferramenta educativa’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións relacionadas coa alfabetización audiovisual, o papel das plataformas de contidos na educación ou o audiovisual como experiencia vivencial.
A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 19 de abril, indicando-Nome e apelidos e enderezo electrónico.
PROGRAMA
Xornada formativa: ‘O potencial audiovisual como ferramenta educativa’
DATA: 20 DE ABRIL DE 2021
PLATAFORMA: ZOOM
10.15-10.30h. Benvida
José Luis Mira Lema, secretario xeral de Educación e Formación Profesional
Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)
10.30h.-11h. ‘A importancia da alfabetización audiovisual’
Sergio Clavero, docente recoñecido co Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación
11h.-12h. ‘O papel das plataformas de contidos na educación’
11h.-11.15h. Presentación do programa Platino Educa. Octavio Dapena, director de Platino Educa
11.15h.- 11.30h. Presentación do programa Fiestra. Miguel Mariño, director da Academia Galega do Audiovisual
11.30h.-12h. Quenda de preguntas abertas. Por: Octavio Dapena e Miguel Mariño. Modera: Sergio Clavero
12h.-13h. Mesa de debate: ‘O audiovisual como experiencia vivencial’
12h.-12.15h. Presentación do programa ‘Cinema en curso’. Mónica García, responsable de didáctica na Filmoteca de Galicia
12.15h.-12.30h. Presentación do programa ‘Aula’. Suso Novás, coordinador do programa Aula no Festival Novos Cinemas
12.30h.-13h. Quenda de preguntas abertas. Jaione Camborda, cineasta e docente no programa Cinema en curso e Suso Novás. Modera: Sergio Clavero