A nova produción de Portocabo ‘Ágata y Lola’ faise co Premio a Mellor Serie do Festival de Series Ría de Vigo

O pasado venres o Festival Internacional de Series Ría de Vigo poñía fin á súa segunda edición, protagoniazada polas estreas, recoñecementos e múltiples encontros profesionais. Neste contexto a nosa asociada de AGAPI Portocabo, recibiu o Premio a Mellor Serie con ‘Ágata y Lola’. A serie protagonizada por Eva Martín y Mireia Oriol e producida xunto con Atresmedia, terá a súa estrea o próximo 12 de xullo na plataforma atresplayer.
‘Ágata y Lola’ conta con oito capítulos de 50 minutos, onde cada episodio plantexa un caso policial pechado, que combina a tensión da investigación coa relación que van forxando as protagonistas. O reparto complétase con grandes nome como Antonio Garrido, Eva Fernández, Francis Lorenzo, Xosé A. Touriñán, Monti Castiñeiras, Darío Loureiro, Celia Freijeiro, Miguel Canalejo ou Sara Sanz.
O público do festival puido disfrutar en primicia do primeiro episodio da serie, que contou coa presenza do elenco así como cos representantes do equipo de producción e dirección, como Alfonso Blanco, productor ejecutivo; Oriol Ferrer, director da serie; e Diego del Pozo, xerente de Ficción de Atresmedia.
