Curtocircuíto celebra a súa 23º coa presenza de produtoras asociadas de AGAPI ao longo de toda a súa programación

Curtocircuíto celebra a súa 23º coa presenza de produtoras asociadas de AGAPI ao longo de toda a súa programación

Curtocircuíto celebra a súa 23º coa presenza de produtoras asociadas de AGAPI ao longo de toda a súa programación

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebra a súa 23ª edición en Santiago de Compostela, do 30 de xuño ao 5 de xullo, cunha fortísima presenza do talento galego. Con producións das nosas asociadas de AGAPI conformando gran parte dunha programación de vangarda que pon en valor a calidade e a proxección do cine feito en Galicia.

A inauguración do certame correu a cargo de Despois das cidades (Rebordelos), a última peza do cineasta Xacio Baño. O interese por este filme esténdese ata o mércores 1 de xullo, día no que o director manterá unha conversa aberta co filósofo e escritor Antón Baamonde e a historiadora Encarna Otero para afondar nos eixes temáticos da obra. O festival tamén contará con outras proxeccións especiais de gran calado, como o pase o vindeiro venres 3 de xullo de Krakatoa (Filmika Galaika), a nova viaxe sonora e visual de Carlos Casas, ou a clausura oficial o domingo 5 de xullo coa agardada ópera prima de Adrián Canoura, Fomos ficando sós (Zeitun Films).

Pola súa banda, a sección Planeta GZ, un dos grandes piares de Curtocircuíto e termómetro do cine galego máis contemporáneo, conta este ano con cinco obras con selo de AGAPI. Entre os títulos seleccionados atópanse O corpo de Cristo (Abano Producións) de Bea Lama, As maos da pulpeira (Matriuska Producións) de Silvia Cachafeiro, Escala un cincuenta mil (Rebordelos) de Ángel Suanzes, así como Cara de cona e A pena, ambas as dúas producidas por Sétima e dirixidas por Guillermo de Oliveira e Iria Silvosa respectivamente.

Imaxe de Aigi Boga

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies