O TIFF 2026 Festival Internacional de Cine de Transilvania acollerá do 12 ao 21 de xuño tres producións de asociadas de AGAPI na súa programación

O TIFF Festival Internacional de Cine de Transilvania, o maior evento cinematográfico de Romanía, celebra do 12 ao 21 de xuño a súa 24º edición. Especializado en primeiras e segundas películas, o certame lévase a cabo ao longo de máis de 20 salas por toda a cidade de Cluj-Napoca. Incluíndo proxeccións ao aire libre ou en espazos non convencionais.
Son tres as producións de asociadas de AGAPI que participarán durante estos días no TIFF, repartidas por diferentes seccións do festival:
‘Titanic Ocean’ dirixida pola grega Konstantina Kotzamani e coproducida por Frida Films, forma parte da sección competitiva do certame. Un filme que narra a historia de Akame, unha adolescente que reside nun internado que forma ás rapazas como sereas profesionales e onde descubre o seu primer amor e experimenta una metamorfose.
‘Fomos ficando sós’, ópera prima do cineasta galego Adrián Canoura e producida por Zeitun Films, sitúase dentro da programación de ‘What’s up, doc?’, adicada ao cinema documental. Unha película na que o director embárcase ao Gran Sol xunto co seu pai no barco familiar buscando comprender o silencio e a distancia que os marcaron.
‘As liñas descontinuas’ da directora galega Anxos Fazáns e producida pro Sétima, poderase ver no TIFF a traves da rede SMART7. Iniciativa busca impulsar el desarrollo del sector de los festivales y ofrecer una plataforma para que las nuevas voces conecten con el público internacional. Un filme que trata o encontro de Bea, unha muller de 50 anos en proceso de divorcio, e Denís é un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral.
