A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou a nova película de Ignacio Vilar, ‘María Solinha’, que se gravará integramente na provincia, polo que destacou que se trata de “un investimento e unha inmersión” na cultura pontevedresa. No acto estivo acompañada do deputado de Cultura e Língua, Xosé Leal; do director da película, Ignacio Vilar; da actriz protagonista, Graal Montes, dos actores Santi Prego e Antonio Durán ‘Morris’, así como representantes da produtora Vía Láctea Filmes e outros participantes no proxecto. Carmela Silva asegurou que “apoiar proxectos como este non só é un investimento, senón tamén unha inmersión na cultura da provincia”. Vilar avanzou que, no filme, “a María Solinha do século XVI e a do século XXI foron atacadas polo mesmo dragón”.