XXIV Premios Mestre Mateo: Un total de 52 nominacións para produtoras asociadas de AGAPI

XXIV Premios Mestre Mateo: Un total de 52 nominacións para produtoras asociadas de AGAPI

XXIV Premios Mestre Mateo: Un total de 52 nominacións para produtoras asociadas de AGAPI

Onte, martes 3 de febreiro de 2026, coñecimos a listaxe definitiva de candidaturas finalistas para os XXIV Premios Mestre Mateo organizados pola Academia Galega do Audiovisual. A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes anunciaron as candidaturas finalistas da vixésimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo. 

Desde AGAPI Asociación Galega de Produtoras Independentes celebramos con alegría 52 nominacións para producións das nosas asociadas. Un elevadísimo número de candidaturas que se reparten en 19 creacións e 11 empresas produtoras.

Destacan ‘As liñas descontinuas’ (Sétima), ‘San Simón’ (miramemira), ‘Sirat’ (Filmes da Ermida) e ‘Weiss & Morales’ (Portocabo), que se posicionan como catro das obras audiovisuais con máis candidaturas finalistas.

Xunto ao anuncio de finalistas, a Academia desvelou que a actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérezserán os encargados de presentar a gala que terá lugar o día 21 de marzo en Lugo e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies