Xosé Lois Ledo: “Somos como as follas dunha serra, con momentos altos e baixos pero sempre coa forza para sacar os proxectos adiante”

Xosé Lois Ledo: “Somos como as follas dunha serra, con momentos altos e baixos pero sempre coa forza para sacar os proxectos adiante”

A historia de “ Nós, produtora cinematográfica galega”, remóntase ao ano 1975, momento no que un grupo de mozos únense para impulsar desde Galicia diferentes eventos relacionados co mundo do cinema e producir películas como “A Esmorga” ou “Retorno a Tagen Ata” de Eloy Lozano Coello. Pero coa morte duns dos fundadores principais, Carlos Varela, a produtora perde forza ata interromper a súa actividade en 1980. Vinte anos despois e coas mesmas ganas que nos seus inicios nace no ano 2000, Nós, Produtora Galega Audiovisual.

Falamos con Xosé Lois Ledo, un dos fundadores orixinais da produtora que aínda hoxe segue á fronte da mesma. Para Ledo, o propósito dos proxectos de Nós segue sendo o mesmo, contar as historias propias de Galicia e dar voz ao pobo galego “pertencemos a unha nación e a “ galeguidade” está por encima de todo, por iso sempre escribimos e rodamos en galego todos os nosos proxectos”.

Actualmente Nós conta con 8 socios que teñen relación con diferentes campos do audiovisual e do xornalismo. Traballan con diferentes colaboradores segundo o proxecto e achéganse a diferentes formatos, desde o documental como con “ Bestas” e “Santa Liberdade”, ata series de televisión como “Familia de Oficio”, serie documental para a Televisión de Galicia que xa leva tres tempadas.

Nestes momentos están a traballar noutra serie para a TVG que leva por título “ Desertores do asfalto” e un documental ficcionado, “Nación”, que conta cunha subvención de Agadic e que aborda o empoderamento das mulleres no último século. A falta de terminar a rodaxe en xaneiro do próximo ano, “Nación” verá a luz en probablemente no terceiro trimestre do 2020. Ademais, en Nós traballan tamén como asesores da Fundación Bautista Álvarez para un proxecto sobre a vida de Moncho Reboiras, político nacionalista asasinado pola ditadura franquista.

Con tantos anos traballando dentro do audiovisual galego, preguntámoslle a Xosé Lois Ledo sobre a saúde do sector na o actualidade, “estamos un pouco peor que fai dez anos, en número de producións galegas a nivel estatal caeu, as causas son diversas”.

“Nós, produtora cinematográfica galega”, leva máis de 20 anos traballando polo audiovisual galego e Ledo afirma que o seguirán facendo, “somos como as follas dunha serra, con momentos altos e baixos pero sempre coa forza para sacar os proxectos adiante”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies