Volve a Aula CREA co curso ‘Apuntamentos sobre o son nos filmes’, impartido por Emilio García

Descrición do curso:
O deseño sonoro é unha cuestión clave na creación dun filme. Establecer uns criterios creativos dende a preprodución facilita a toma de decisións técnicas tanto na rodaxe coma na postprodución. No curso analizaremos a relación do/a responsable da dirección da película cos diferentes membros do equipo de son, detallando cada unha das fases de produción. Pensamos que unha comprensión clara sobre os procesos de traballo de son contribue a mellorar o fluxo de traballo e ampliar os horizontes creativos na realización de películas.
Obxectivos:
Describir os procesos do departamento de son dende o guión ata a exhibición dun filme e esclarecer dúbidas sobre estes.
Dirixido a:
Directores/as noveles e directores/as con traxectorias máis longas que queran reforzar conceptos e ampliar posibilidades creativas e técnicas en relación ao son.
Contidos:
1ª Xornada – Introdución e Preprodución
Introdución ao departamento de son e os seus procesos ao longo da elaboración dun proxecto audiovisual. Dende a escrita ata a rodaxe, valorar as posibilidades narrativas e adiantarse as dificultades técnicas.
2ª Xornada – rodaxe
Valoración das peculiaridades de cada proxecto. Captación de son directo, ambientes e demais elementos sonoros en relación coas anteriores.
3ª Xornada – postprodución
Resumo das fases da postprodución, ferramentas narrativas, exportados finais e distintos formatos de exhibición.
CV de Emilio García:
Comeza a traballar como técnico de son no 2002. Continua a súa formación na Ecam e traballa como freelance para diversas producións e os estudios CATA en Madrid ata 2015, ano no que retorna a Galicia para formar parte da plantilla de Cinemar ata 2025.
Participou en diferentes cargos tanto no son directo e moi especialmente na postprodución de innumerables filmes.
Filmografía seleccionada:
– Mimosas (Oliver Laxe)
– Nación (Margarita Ledo)
– La parra (Alberto Gracia)
– Matar cangrejos (Omar Razzak)
– Rompente (Eloy Domínguez Serén)
– Eles transportan a morte (S. Delgado/H. Girón)
Datas e lugar de celebración:
Martes 24 (19:00-21:00) clase online de 2 horas
Xoves 26 (19:00-21:00) clase online de 2 horas
Sábado 28 (10:00-14:00 / 16:00-18:00) clase presencial na Cidade da cultura (Edificio Fontán-Aula 7) de 6 horas
Cota de inscrición:
Socios CREA: 60€
Non socios CREA: 100€
Inscricións:
(Antes do xoves 20)